Sunday 19 de May de 2024

José Vicente Dominguez realiza unha doazón da súa obra á Biblioteca Municipal de Ribeira


O escritor José Vicente Domínguez e a concelleira de Educación e Igualdade, Cruz Rivadulla, firmaron hoxe a doazón de varias obras bibliográficas do autor ao arquivo da Biblioteca Municipal de Ribeira.

A concelleira agradeceu a José Vicente Domínguez a decisión de “compartir o seu legado literario co seu concello natal”. Pola súa parte, o autor destacou a súa ilusión pola nova biblioteca que contribuirá a que Ribeira “sexa unha cidade de cultura”.

A relación de ditas obras é a seguinte:
• Un millón de Teselas, 2023
• The last celts, 2015
• Historias de Issia, 2015
• El chuvasquero amarillo, 2021
• Con el sol por la popa, 2003
• La raíña, 2010
• Que nos estades facendo? 2005
• Por mucho que ahora me quieran, 2021
• Veroto el romano, 2012
• O anxelote e outros relatos, 2004
• Muy rojo muy negro, 2014
• Allá está pancho, 2007
• Por qué maltratas tu planeta? 2018
• Haiti cherie, 2015
• Siete días de Marta, 2021
• Así éramos en Benecia, 2006